

S'està carregant… Made in Galiza
Detalls de l'obraMade in Galiza de Séchu Sende
No n'hi ha cap No hi ha cap discussió a Converses sobre aquesta obra. 12,82 ( ![]() 12,82 Made in Galiza, de Séchu Sende Este libro foi o meu agasallo de San Xurxo para min mesmo. Nin da sinopse nin do que lembraba do autor intuín que o fío condutor destes relatos para ler a chopos podía ser a mesma lingua galega. Até diría que lelo con este descoñecemento axudoume a gozalo máis. E é que me gustou moito. Made in Galiza é un libro de relatos moi breves, unha alegoría á situación do galego como lingua minoritaria. É sen ningún tipo de dúbida o mellor reclamo dunha situación inxusta. É deste xeito porque fala da desconfianza da xente e da carencia de autoestima lingüística froito da situación de diglosia que sofre Galiza. De xeito divertido a maioría das veces (rapaces que en estados etílicos ou alucinóxenos confesan a súa percepción da lingua), poética algunhas (o roubo, fabricación e venda da palabra), tenro non poucas (a palabra en soños, a palabra como rexistro “fotográfico” da vida) e nun caso como prospecto medicinal. O libro está cheo de relatos surrealistas. Nun destes descubrín problemáticas entre o nh e o ñ a través dun diálogo entre ambas letras. Noutro, precioso na súa ironía, descubrín unha capital onde a lingua orixinaria era minoritaria. Algúns relatos moi breves, dunhas 200 palabras, son fábulas moi lindas. “Na oficina de obxectos perdidos” é un relato moi sinxelo pero que me fixo pensar moito. Acabei a lectura do libro e non podo deixar de preguntarme que efecto podería ter este texto traducido ao catalán (*). A saúde do catalán é moito máis boa que a do galego, Este parece ser o consenso. Eu estou convencido que os perigos para as dúas linguas son moi parecidos. Creo que o libro de Sechu Sende podería estar traducido a moitas linguas pequenas. Non sei se neste caso conseguiría que tivesemos máis estima polo galego, pero non dubido que conseguiría (re)mover conciencias coa mesma forza. Eu tamén Estou Contigo. * Recordade que quen escribe é catalán e o fai dende Barcelona. Sende, Séchu. Made in Galiza. Vigo: Galaxia, 2007. 156 páx. (Literaria: 244). ISBN: 978-84-7154-091-1. Do meu blog persoal: "A lei de Lem" (http://blocs.lescorts.cc/leilem/2010/06/04/made-in-galiza-de-sechu-sende/) Sense ressenyes | afegeix-hi una ressenya
No s'han trobat descripcions de biblioteca. |
![]() ValoracióMitjana:![]()
Ets tu?Fes-te Autor del LibraryThing. |